Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Vivir Xuntos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Vivir Xuntos b>. Amosar todas as publicacións
luns, 2 de xuño de 2014
OS NOVOS AMIGOS/AS
Este ano coñecemos por carta a novos amigos que están no Ceip. Virxe do Camiño, na provincia de Ourense.
Aquí deixamos para que podades escoitar un resumo de como son eles e elas.
Etiquetas:
Proxecto Vivir Xuntos
luns, 21 de abril de 2014
CARTAS DENDE USA
Continuamos a utilizar o Correo Postal para comunicarnos con persoas que están lonxe, concretamente a clase de 5º ven de recibir cartas de Estados Unidos, en resposta ás que enviaron. Nós practicamos inglés e eles español, ademais de coñecernos axudámonos a aprender, xenial!
Etiquetas:
A carta,
Proxecto Vivir Xuntos
luns, 7 de abril de 2014
CLUB DE LECTURA CON NATA Y CHOCOLATE
"Nata y chocolate" titúlase o libro que leron no mes de marzo os compoñentes do Club de Lectura, e tamén de nata e chocolate eran as galletas que esperaban na biblioteca.

Grazas a Bibliobrey que nos emprestou este lote de libros.
Como influiu en nós a lectura deste libro?
Enriqueceunos nalgún aspecto?
Hai un antes e un despois desta lectura?
Etiquetas:
Club de lectura,
lecturas,
Proxecto Vivir Xuntos
martes, 18 de marzo de 2014
CORREO ELECTRÓNICO
Para elaborar os nosos disfraces de Entroido precisabamos información sobre a uniformidade e o traballo da Policía Local posto que ese era o disfraz elixido por nós para o terceiro ciclo. Necesitabamos información e aprender a redactar correos electrónicos formais para poñernos en contacto co Consistorio e así o fixemos. Deste xeito, solicitamos ao Concello información sobre o traballo e uniformidade da Policía Local, concedéndonos amablemente unha visita da mesma ao centro. A visita foi interesantísima e aprendimos un montón de cousas.
Graciñas pola vosa colaboración!!!
Etiquetas:
correo electrónico,
escritura,
Proxecto Vivir Xuntos
luns, 17 de marzo de 2014
Máis cartas
Seguimos e seguimos escribindo. As alumnas e alumnos de 5º curso escribimos (en inglés) cartas ao alumnado do Richardson High School en Richardson, Texas. Agora agardamos impacientes a súa resposta. A ver que nos contan!
Ver mapa más grande
Etiquetas:
A carta,
escritura,
Proxecto Vivir Xuntos
mércores, 12 de febreiro de 2014
Cartas entre coles
Neste trimestre traballamos a carta. Xa escribimos unha para o día da paz e como nos gustou moito queremos seguir escribindo, pero esta vez a uns nenos e nenas que están un pouco lonxe de nós. O alumnado de 6º inicia intercambio de correpondencia con CEIP Virxe do Camiño, Rubiás (Ourense). Agardamos recibir as súas cartas.
Ver CEIPdeLeiradoaCEIPVirxedoCamiño en un mapa más grande
Etiquetas:
A carta,
Proxecto Vivir Xuntos
mércores, 29 de xaneiro de 2014
DÍA DA PAZ
Aquí tedes a canción desta semana en versión karaoke .
Que todos os días sexan pacíficos e sobre todo que non deixemos de intentalo!
Que todos os días sexan pacíficos e sobre todo que non deixemos de intentalo!
O Día Escolar pola Non Violencia e a Paz celébrase dende 1964, elixindose o 30 de xaneiro por ser o aniversario do falecemento de Mahatma Gandhi:
A pesares de que Gandhi foi un exemplo de pacifismo e Non violencia, nunca recibiu o Premio Nobel da Paz.
Pero... que é o Premio Nobel da Paz? Sobre isto investigamos e traballamos na clase de 6º amosando o noso traballo a todo o cole:
Pero... que é o Premio Nobel da Paz? Sobre isto investigamos e traballamos na clase de 6º amosando o noso traballo a todo o cole:
Etiquetas:
cancións,
día da paz,
información,
Proxecto Vivir Xuntos
venres, 20 de decembro de 2013
Autorretratos
Neste trimestre, en Ed. plástica traballamos o noso autorretrato, dentro do proxecto: "Vivir Xuntos".
Para elaborar os nosos cadros utilizamos diversas técnicas plásticas… pero como calquera artista, non podemos dicir cales foron xa que as tedes que adiviñar vós.
Quedamos moi ben non?
Dentro do mesmo proxecto, elaboramos a nosa autobiografía. Primeiro recollimos a información e logo a traballar!
Etiquetas:
autobiografía,
Autorretratos,
Plástica,
Proxecto Vivir Xuntos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)