venres, 14 de xuño de 2019

LECTURAS MATEMÁTICAS

Hoxe despedimos os clubs de lectura, reuníndonos os dous grupos na Biblioteca. Falamos un pouco de todo, dos libros, do que pensamos, do que queremos...


E queremos máis lecturas matemáticas seica, que comezamos a ler e nos deixaron ganas de máis a algúns e algunhas.
Como o prometido é débeda, aquí volas deixamos:
Trátase dos textos de Clara Grima, ilustrados por Raquel García, que baixo o título "Mati y sus Mateaventuras" están publicados AQUÍ. 
Os personaxes son Mati, dous nenos moi curiosos que se chaman Sal e Ven, e un can moi listo que se chama Gauss.


Mati ten explicacións para moitas cousas que pasan ao noso arredor.
Que vos presten, lector@s!!


xoves, 6 de xuño de 2019

LENDO HISTORIAS: A NENA E A MONECA

Un xoguete proporciona horas de diversión e momentos inesquecibles. Pero tamén nos achega ao mundo da imaxinación, dos soños, dos sentimentos e das emocións. E, ás veces, un humilde xoguete convértese no talismán que nos protexe de tódolos males e nos proporciona o valor suficiente para superar os atrancos da infancia.
Carmen, Cristina e Lucía, de 5º, len para nós "A nena e a moneca", un fermoso e pouco coñecido relato de Xosé Filgueira Valverde.
A protagonista da historia lembra un dramático acontecemento da súa infancia no que unha simple boneca de cartón é testemuña do paso da vida á morte, do paso da idade da inocencia á madurez. 




Se che gustou, aquí tes o texto para ler. (Aumenta o tamaño da imaxe clicando enriba)



https://books.google.es/books?id=gnevrhbq0bkC&pg=PA42&lpg=PA42&dq=a+nena+e+a+moneca&source=bl&ots=TMae5IV4EL&sig=ACfU3U2dUAWJSaV4xU10ZueNH_bh3AgeWw&hl=gl&sa=X&ved=2ahUKEwjwtNm6stXiAhXD1eAKHWt8AsYQ6AEwB3oECAgQAQ#v=onepage&q=a%20nena%20e%20a%20moneca&f=false

luns, 4 de febreiro de 2019

LENDO HISTORIAS: UNHA CINTA AZUL DE DOUS PALMOS E PICO

Fins, Gael, Manuel e Martín póñenlle voz a esta fermosa historia escrita por Juán Farias.
Dous nenos e unha cinta que se converte nun xoguete marabilloso. Un canto á imaxinación,  ao anticonsumismo, á tenrura, á ledicia, ao goce do momento.......
 E, por suposto, ¡para escoitala  hai picar enriba da cinta!



https://xogamosmellorxuntos.blogspot.com/2019/02/unha-cinta-azul-de-dous-palmos-e-pico.html

mércores, 30 de xaneiro de 2019

NOTICIAS DO CAMBIO CLIMÁTICO

DECÁLOGO PARA XOGAR EN PAZ

A tarefa programada para celebrar o día pola Paz e a non Violencia consiste en que cada clase elabore un decálogo de boas prácticas durante o xogo.
Despois de reflexionar, debater, resumir, unificar as diferentes propostas , finalmente conseguimos chegar a acordo e rematar os nosos. Este foi o resultado.


martes, 15 de xaneiro de 2019

CANTAR PARA XOGAR

Vídeo musical para animarnos a recuperar xogos tradicionais e gozar con eles.


ÚLTIMAS NOTICIAS NA INVESTIGACIÓN ESPACIAL

Para estar ao día nos últimos avances da investigación aeroespacial, pica enriba da imaxe; accederás a contidos en español da páxina da NASA.
https://www.lanasa.net/

luns, 14 de xaneiro de 2019

A ESTACIÓN ESPACIAL INTERNACIONAL

Premendo nesta imaxe poderás ver videos para coñecer a Estación Espacial Internacional.

http://documentateprimaria.blogspot.com.es/2014/09/a-estacion-espacial-internacional.html

O N0SO PLANETA ESTÁ EN PERIGO

¿Que pasaría se todo o xeo dos polos se derretese?
Esta pregunta non é unha parvada porque o quecemento da terra pode ter graves consecuencias. Nesta animación podemos ver como vai subindo o nivel do mar e moitas zonas e cidades quedan mergulladas baixo a auga.



Neste enlace pódese acceder a información sobre as agresións que está a sufrir o Polo Norte e asinar unha solicitude para declarar esta zona Santuario Global.

LEMBRA QUE TI ES MENOR E NON PODES ASINAR NINGÚN DOCUMENTO NIN TER CONTA DE CORREO ELECTRÓNICO. PERO PODES ACHEGAR ESTA INFORMACIÓN AOS TEUS PAIS, IRMÁNS, FAMILIA.......


http://www.greenpeace.org/espana/es/Trabajamos-en/Frenar-el-cambio-climatico/Salva-el-Artico/

mércores, 5 de decembro de 2018

A SEÑORITA BUBBLE

En quinto estreámonos participando no Club de Lectura Pacho e amig@s con este libro que nos encantou


Cantas cousas queríamos dicir, que tiñamos anotado na nosa libretiña! A señorita Bubble, as nenas, Vincent e Nefertiti fixéronse coa nosa amizade, entendemos que non se debe xulgar a ninguén pola súa apariencia nin sementar bulos sobre as persoas sen coñecelas. Sentimos a impotencia fronte aos adultos que non comprenden, pero ficamos satisfeitas e satisfeitos co final. 
Aquí nos tedes comentando a carta coa que remata a historia, que nos gustou porque foi un alivio esperanzado.



Parécenos que este final pode indicar unha continuación ou, como dixo Martín, quizais está feito para que pensemos.