venres, 20 de decembro de 2013

Autorretratos

Neste trimestre, en Ed. plástica traballamos o noso autorretrato, dentro do proxecto: "Vivir Xuntos".
Para elaborar os nosos cadros utilizamos diversas técnicas plásticas… pero como calquera artista, non podemos dicir cales foron xa que as tedes que adiviñar vós.
Quedamos moi ben non?

                            

Dentro do mesmo proxecto, elaboramos a nosa autobiografía. Primeiro recollimos a información e logo a traballar!



mércores, 16 de outubro de 2013

ALIMENTÁMONOS BEN: APRENDER A COMER É DOADO

Aprender a comer é doado! Sabíades que facer exercicio físico e ter unha alimentación adecuada prevén moitas enfermidades?



 

xoves, 27 de xuño de 2013

FROITA-FRUTA-FRUIT

Neste curso, igual que no anterior, o noso cole participou no Plan de Consumo de froita fresca, polo que decidimos facer un estudo plurilingüe sobre os beneficios que ten incluir froitas e verduras na nosa dieta, centrándonos nas froitas que consumimos durante os recreos.

xoves, 20 de xuño de 2013

martes, 16 de abril de 2013

Calculando, calculando

Non te esquezas destas estratexias de cálculo mental:



Pareados das táboas de multiplicar

Os alumnos de 5º curso dentro do Programa da mellora da lectura, escritura e cálculo fixemos un libro aproveitando que estamos traballando a poesía. Esperamos que vos guste.

venres, 22 de marzo de 2013

Día da Árbore

O 21 de marzo celébrase o día da árbore. Por ese motivo estivemos trouxemos diferentes follas das árbores que temos preto dos nosos fogares e... Creamos unha nova especie: A MESTUREIRA. Este é o noso traballo

luns, 11 de marzo de 2013

PRESENTACIÓN DOS CORPOS XEOMÉTRICOS

Agora que sabemos un pouco máis sobre os polígonos, imos coñecer os corpos xeométricos a través dunha presntación de Francisco Sánchez García.

sábado, 9 de marzo de 2013

XOGANDO COA XEOMETRÍA

Aquí tendes unha serie de páxinas coas que podedes pasar un ratiño divertido!

O CUBISMO

Aproveitando que no obradoiro de mates estamos traballando a xeometría, aproveitamos para facer mascotas xeométricas, para traballar o cubismo e a Romero Britto. Romero Britto é un pintor e escultor brasileiro que combina elementos do cubismo, a arte pop e a pintura graffiti. 




venres, 8 de marzo de 2013

MIL COUSAS PODEN PASAR

Entre as cousas que poden pasar está a visita de Jacobo Fernández Serrano, autor e ilustrador do libro que lemos en 6º, que parece que se fará  realidade en breve. 


Preparamos esta visita buscando os seus libros na Biblio e informándonos sobre el:



E escoitemos ao autor falando do seu libro no momento en que recolleu o Premio Merlín, no ano 2009:

                     

domingo, 3 de marzo de 2013

OBRADOIRO DE XEOMETRÍA

No obradoiro de xeometría as alumnas e os alumnos de 5º e 6º estivemos buscando, fotografiando, observando, describindo, medindo e calculando a grande cantidade de figuras e corpos xeométricos que temos ao noso arredor e que normalmente nos pasan desapercibidas.

 
 
Atopamos todas estas figuras e corpos xeométricos. Queres descubrilos connosco?



luns, 25 de febreiro de 2013

Día de Rosalía

Este venres 22 de febreiro lembramos a Rosalía recitanto un poema do libro  "Cantares Gallegos". Participou todo o alumnado e o profesorado.

Quedou ben?

mércores, 20 de febreiro de 2013

Obradoiro de Poesía

Neste trimestre estamos traballando coa poesía. O primeiro día comezamos a facer rimas con parellas de palabras. Non está nada mal!


Exemplo da poesía realizada por unha alumna de 6º

venres, 15 de febreiro de 2013

Entroido

Mirade que guapos estabamos disfrazados!


  5º Primaria


6º Primaria





mércores, 30 de xaneiro de 2013

Mural día da paz

Durante o mes de xaneiro os alumnos e alimnas do 6º de Primaria estiveron traballando as diferentes culturas. Aquí os deixamos o mural con toda a información