luns, 13 de xuño de 2016

Traballos de investigación en Ciencias Sociais

Estes son os traballos de investigación que fixemos no terceiro trimestre en ciencias Sociais.

     
      

mércores, 8 de xuño de 2016

MAITO PANDURO E O POBO XITANO

Hoxe reunímonos para falar de "Maíto Panduro", de Gonzalo Moure, rematando as lecturas do Club por este curso. 

Empezou Dani F. dicindo que sentira tristeza, pola situación do protagonista. Falamos do que é a empatía, cualidade que caracteríza ás persoas que son quen de poñerse na pel doutra, imprescindible para unha convivencia saudable.

Samuel falou sobre a xeneralización que sempre se fai sobre como son os xitanos, que lle parece inadecuada, o que nos levou a outra reflexión interesante. Como case sempre os libros axúdannos a ser mellores persoas.

Un momento emotivo: cando o pai aprende a ler, comenta Mara; ou como eran capaces de entenderse con debuxos, di Mario.



 Démonos conta de que non sabiamos nada do pobo xitano, así que a ocasión requeriu de algo de información e todos e todas saímos aprendendo.

Terá Maíto Panduro un recunchiño no noso corazón?