luns, 19 de decembro de 2016

XOELIKI, AVENTURAS DUN CIBERPIRATA

 
As lectoras e lectores do club de 5º remataron a lectura de Xoeliki, aventuras dun ciberpirata. Reunidos arredor dos flocos de millo falaron e falaron sobre esta lectura que, segundo din, gustoulles moito. Comentan que coñeceron palabras complexas, relacionadas coa tecnoloxía, e que tamén hai malvados no mundo virtual ( ainda que non faltan os heroes coma Xoeliki).



domingo, 11 de decembro de 2016

A ANTÁRTIDA, O CONTINENTE XEADO

Os compoñentes do club de lectura de 6º lemos "Ameaza na Antártida", de Ramón Caride, un libro que nos leva ao futuro, onde o malvado Koprissos quere destruir o planeta poñendo unha bomba na Antártida.
Joel e Yésica dixeron que é un libro dos que te mantén intrigado e non podes parar de ler.

Falando do porqué da elección da Antártida parámonos na importancia deste continente xeado para a estabilidade de todo o planeta. A que nunca pensaramos niso? É que o polo sur queda tan lonxe...!


Comezamos a ver un vídeo, pero acabóusenos o tempo, así que queda aquí este outro documental, atención ás explicacións do pingüín, que nos aportarán información moi interesante.

         

luns, 13 de xuño de 2016

Traballos de investigación en Ciencias Sociais

Estes son os traballos de investigación que fixemos no terceiro trimestre en ciencias Sociais.

     
      

mércores, 8 de xuño de 2016

MAITO PANDURO E O POBO XITANO

Hoxe reunímonos para falar de "Maíto Panduro", de Gonzalo Moure, rematando as lecturas do Club por este curso. 

Empezou Dani F. dicindo que sentira tristeza, pola situación do protagonista. Falamos do que é a empatía, cualidade que caracteríza ás persoas que son quen de poñerse na pel doutra, imprescindible para unha convivencia saudable.

Samuel falou sobre a xeneralización que sempre se fai sobre como son os xitanos, que lle parece inadecuada, o que nos levou a outra reflexión interesante. Como case sempre os libros axúdannos a ser mellores persoas.

Un momento emotivo: cando o pai aprende a ler, comenta Mara; ou como eran capaces de entenderse con debuxos, di Mario.



 Démonos conta de que non sabiamos nada do pobo xitano, así que a ocasión requeriu de algo de información e todos e todas saímos aprendendo.

Terá Maíto Panduro un recunchiño no noso corazón?

luns, 11 de abril de 2016

O Camiño de Santiago e o Quixote.

Hai varias lendas ao longo do Camiño Francés, unha delas sitúase no lugar de Hospital de Órbigo,  na provincia de León: A lenda do paso Honroso. Actualmente celébrase nesa localidade unha festa histórica baseada na lenda.


Trátese dun cabaleiro que retaba a todos os cabaleiros que pasaran polo lugar, coa intención de vencelos a todos para logo seguir o camiño cara Compostela, e todo iso co pensamento posto nunha dama. Conta a lenda que isto ocurriu no ano Xacobeo de 1434.  Lede aquí a lenda.


 Moito tempo despois, cando Cervantes escribiu o Quixote, adicoulle unha aventura do seu protagonista, na que pretendía enfrentarse ao cabaleiro desta lenda. Xa sabedes a teima de don Quixote polas historias de cabaleiros, tanto que coa súa poderosa imaxinación ata é quen de trasladarse no tempo...


xoves, 31 de marzo de 2016

Poesía nos camiños

Este foi o resultado da busca de información para traballar a poesía na Idade Media.


                        
                      

mércores, 2 de marzo de 2016

REUNIÓN DO CLUB: A CANCIÓN DE AMINA

Hoxe un recreo diferente, reunión do Club para falar sobre a última lectura:  A canción de Amina, de Sigrid Heuck. Opinión moi favorable: un libro entretido, que se leu moi rápido, un tema interesante, acaba ben...

A conversa levounos ata a situación de desigualdade da muller noutras culturas, e tamén da nosa historia xurdiron cousas que nos contaron as nosas avoas e nais.


E unha mensaxe que os lectores e lectoras souberon ver moi ben: sempre temos que loitar polos nosos soños, e polos nosos dereitos.




luns, 29 de febreiro de 2016

POESÍA NOS CAMIÑOS

Preme na imaxe para facer a actividade:

http://abibliodeleirado.wix.com/poesianoscaminos

luns, 15 de febreiro de 2016

TEATRO: CAMIÑO MISTERIOSO

Esta é a obra de teatro pensada e deseñada por nós, e representada na Casa da Cultura de Leirado no pasado mes de decembro. O tema xira arredor do Camiño de Santiago, sobre o que andamos a investigar: