Hai varias lendas ao longo do Camiño Francés, unha delas sitúase no lugar de Hospital de Órbigo, na provincia de León: A lenda do paso Honroso. Actualmente celébrase nesa localidade unha festa histórica baseada na lenda.
Trátese dun cabaleiro que retaba a todos os cabaleiros que pasaran polo lugar, coa intención de vencelos a todos para logo seguir o camiño cara Compostela, e todo iso co pensamento posto nunha dama. Conta a lenda que isto ocurriu no ano Xacobeo de 1434. Lede aquí a lenda.
Moito tempo despois, cando Cervantes escribiu o Quixote, adicoulle unha aventura do seu protagonista, na que pretendía enfrentarse ao cabaleiro desta lenda. Xa sabedes a teima de don Quixote polas historias de cabaleiros, tanto que coa súa poderosa imaxinación ata é quen de trasladarse no tempo...
Ningún comentario:
Publicar un comentario