sábado, 30 de abril de 2022

REUNIÓN DOS CLUBS DE LECTURA DE 5º E 6º

 O alumnado de 6º participou con "Nata y chocolate" de Alicia Borrás Sanjurjo co que empatizaron enormemente.

Por parte de 5º foi "O meu pesadelo favorito" de María Solar e co que fixeron unha viaxe polo mundo dos soños.

Houbo debate e confrontación de ideas co que disfrutamos todos.




martes, 26 de abril de 2022

CONTOS E LENDAS DE SEMPRE

Co motivo do día do libro os axudantes de 5º e 6º prepararon unha serie de lendas e contos de Galiza e Portugal para todos nós. A idea era que despois de disfrutar coas lendas do mundo (dentro do proxecto "A volta ao mundo en 160 días"), chegado o momento da volta á casa, fixéramos o mesmo coas nosa.