Amosando publicacións coa etiqueta TIC. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TIC. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de novembro de 2021

TITORIAL DESEÑO 3D DE SELOS E LIGAZÓN DE TINKERCAD

TINKERCAD: Entra introducindo o teu código de alumna/o.

Elaboraremos selos para os pasaportes das nosas viaxes ao redor do mundo.

Agora segue as instruccións para elaborar os selos:

👇

 


 

mércores, 17 de marzo de 2021

APRENDENDO CON GEOGEBRA

 En 6º estámonos iniciando no uso de GeoGebra, hoxe creando e calculando áreas de figuras planas.





xoves, 27 de febreiro de 2020

AUGA, POESÍA E RAP

Estas son as creacións audiovisuais que fixemos, con poemas, fotografías e fondos musicais de rap. En 5º traballamos en equipo co editor de vídeo dos nosos ordenadores Edixgal, na clase de 6º optamos por utilizar unha aplicación na tablet. 












martes, 29 de outubro de 2019

DEBUXO DIXITAL

Estreámonos co programa TuxPaint para facer unha ilustración no ordenador. Aprendemos rápido e fixemos uns debuxos moi creativos, que forman parte dunhas historias que moi pronto publicaremos. De momento AQUÍ as nosas obras de arte.







xoves, 26 de setembro de 2019

TEMOS NOVIDADES

Este curso empezamos en 5º dun xeito diferente, pois chegaron uns ordenadores noviños para o alumnado, un para cada un, e iso tennos moi ilusionados e con moitas ganas de aprender. O noso cole empeza así a formar parte do proxecto EDIXGAL da Consellería de Educación.


Temos na aula virtual moita información e actividades variadas de todas materias, pero ademais podemos buscar o que precisemos na rede, aprendendo as normas básicas de uso do que atopemos.


E tamén elaborar os nosos propios contidos dixitais!
Xa comezamos a fedellar co procesador de textos.


Mirade que concentrados: