En 6º estámonos iniciando no uso de GeoGebra, hoxe creando e calculando áreas de figuras planas.
Amosando publicacións coa etiqueta EDIXGAL b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EDIXGAL b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 17 de marzo de 2021
xoves, 27 de febreiro de 2020
AUGA, POESÍA E RAP
Estas son as creacións audiovisuais que fixemos, con poemas, fotografías e fondos musicais de rap. En 5º traballamos en equipo co editor de vídeo dos nosos ordenadores Edixgal, na clase de 6º optamos por utilizar unha aplicación na tablet.
Etiquetas:
EDIXGAL,
poesía,
Proxecto Somos Auga,
TIC
xoves, 20 de febreiro de 2020
OS NOSOS DESEÑOS
A impresora 3D xa fixo o seu traballo: imprimiu os nosos deseños individuais para os maletíns dos portátiles. Así de ben nos quedaron:
luns, 9 de decembro de 2019
DESEÑANDO EN 3D
Nas clases de plástica, despois de aprender sobre o volume e a súa representación, introducímonos no deseño dixital, en tinkercad. Pensamos facer un identificador para os maletíns dos portátiles imprimindo o noso deseño na impresora 3d da escola.
martes, 29 de outubro de 2019
DEBUXO DIXITAL
Estreámonos co programa TuxPaint para facer unha ilustración no ordenador. Aprendemos rápido e fixemos uns debuxos moi creativos, que forman parte dunhas historias que moi pronto publicaremos. De momento AQUÍ as nosas obras de arte.
Etiquetas:
EDIXGAL,
Proxecto Somos Auga,
TIC
xoves, 26 de setembro de 2019
TEMOS NOVIDADES
Este curso empezamos en 5º dun xeito diferente, pois chegaron uns ordenadores noviños para o alumnado, un para cada un, e iso tennos moi ilusionados e con moitas ganas de aprender. O noso cole empeza así a formar parte do proxecto EDIXGAL da Consellería de Educación.
Temos na aula virtual moita información e actividades variadas de todas materias, pero ademais podemos buscar o que precisemos na rede, aprendendo as normas básicas de uso do que atopemos.
E tamén elaborar os nosos propios contidos dixitais!
Xa comezamos a fedellar co procesador de textos.
Mirade que concentrados:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)































