xoves, 27 de febreiro de 2020

AUGA, POESÍA E RAP

Estas son as creacións audiovisuais que fixemos, con poemas, fotografías e fondos musicais de rap. En 5º traballamos en equipo co editor de vídeo dos nosos ordenadores Edixgal, na clase de 6º optamos por utilizar unha aplicación na tablet. 












xoves, 20 de febreiro de 2020

OS NOSOS DESEÑOS

A impresora 3D xa fixo o seu traballo: imprimiu os nosos deseños individuais para os maletíns dos portátiles. Así de ben nos quedaron:






mércores, 12 de febreiro de 2020

DESDE UNHA ESTRELA DISTANTE

Novo libro do club de sexto: "Dende unha estrela distante", de Agustín Fernández Paz.


 Gael dí que lle gustou porque tiña emocións fortes e amor; tamén porque é moi fantástico e orixinal por ter un personaxe extraterrestre, din Raúl e Carlos... 


 Fins quedou cunha dúbida ao final...que sería do ratiño?


 Algo que  chamou a nosa atención: o acoso a Daniela cando chegou á nova escola.