Amosando publicacións coa etiqueta lecturas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lecturas. Amosar todas as publicacións

sábado, 27 de febreiro de 2021

LECTURA: SALTÓN NO CAMIÑO

Como axudantes da Biblioteca colaboramos aportando lecturas que acompañen momentos de aula ou individuais. Poderemos atopalas en breve nun código QR na contracuberta do libro. Aquí a primeira experiencia de 5º, un dos relatos de Saltón no camiño onde participamos todos e todas e quedou así de bonito:



 
 
 

mércores, 12 de febreiro de 2020

DESDE UNHA ESTRELA DISTANTE

Novo libro do club de sexto: "Dende unha estrela distante", de Agustín Fernández Paz.


 Gael dí que lle gustou porque tiña emocións fortes e amor; tamén porque é moi fantástico e orixinal por ter un personaxe extraterrestre, din Raúl e Carlos... 


 Fins quedou cunha dúbida ao final...que sería do ratiño?


 Algo que  chamou a nosa atención: o acoso a Daniela cando chegou á nova escola.


venres, 14 de xuño de 2019

LECTURAS MATEMÁTICAS

Hoxe despedimos os clubs de lectura, reuníndonos os dous grupos na Biblioteca. Falamos un pouco de todo, dos libros, do que pensamos, do que queremos...


E queremos máis lecturas matemáticas seica, que comezamos a ler e nos deixaron ganas de máis a algúns e algunhas.
Como o prometido é débeda, aquí volas deixamos:
Trátase dos textos de Clara Grima, ilustrados por Raquel García, que baixo o título "Mati y sus Mateaventuras" están publicados AQUÍ. 
Os personaxes son Mati, dous nenos moi curiosos que se chaman Sal e Ven, e un can moi listo que se chama Gauss.


Mati ten explicacións para moitas cousas que pasan ao noso arredor.
Que vos presten, lector@s!!


xoves, 6 de xuño de 2019

LENDO HISTORIAS: A NENA E A MONECA

Un xoguete proporciona horas de diversión e momentos inesquecibles. Pero tamén nos achega ao mundo da imaxinación, dos soños, dos sentimentos e das emocións. E, ás veces, un humilde xoguete convértese no talismán que nos protexe de tódolos males e nos proporciona o valor suficiente para superar os atrancos da infancia.
Carmen, Cristina e Lucía, de 5º, len para nós "A nena e a moneca", un fermoso e pouco coñecido relato de Xosé Filgueira Valverde.
A protagonista da historia lembra un dramático acontecemento da súa infancia no que unha simple boneca de cartón é testemuña do paso da vida á morte, do paso da idade da inocencia á madurez. 




Se che gustou, aquí tes o texto para ler. (Aumenta o tamaño da imaxe clicando enriba)



https://books.google.es/books?id=gnevrhbq0bkC&pg=PA42&lpg=PA42&dq=a+nena+e+a+moneca&source=bl&ots=TMae5IV4EL&sig=ACfU3U2dUAWJSaV4xU10ZueNH_bh3AgeWw&hl=gl&sa=X&ved=2ahUKEwjwtNm6stXiAhXD1eAKHWt8AsYQ6AEwB3oECAgQAQ#v=onepage&q=a%20nena%20e%20a%20moneca&f=false

luns, 4 de febreiro de 2019

LENDO HISTORIAS: UNHA CINTA AZUL DE DOUS PALMOS E PICO

Fins, Gael, Manuel e Martín póñenlle voz a esta fermosa historia escrita por Juán Farias.
Dous nenos e unha cinta que se converte nun xoguete marabilloso. Un canto á imaxinación,  ao anticonsumismo, á tenrura, á ledicia, ao goce do momento.......
 E, por suposto, ¡para escoitala  hai picar enriba da cinta!



https://xogamosmellorxuntos.blogspot.com/2019/02/unha-cinta-azul-de-dous-palmos-e-pico.html

mércores, 5 de decembro de 2018

A SEÑORITA BUBBLE

En quinto estreámonos participando no Club de Lectura Pacho e amig@s con este libro que nos encantou


Cantas cousas queríamos dicir, que tiñamos anotado na nosa libretiña! A señorita Bubble, as nenas, Vincent e Nefertiti fixéronse coa nosa amizade, entendemos que non se debe xulgar a ninguén pola súa apariencia nin sementar bulos sobre as persoas sen coñecelas. Sentimos a impotencia fronte aos adultos que non comprenden, pero ficamos satisfeitas e satisfeitos co final. 
Aquí nos tedes comentando a carta coa que remata a historia, que nos gustou porque foi un alivio esperanzado.



Parécenos que este final pode indicar unha continuación ou, como dixo Martín, quizais está feito para que pensemos.


luns, 11 de abril de 2016

O Camiño de Santiago e o Quixote.

Hai varias lendas ao longo do Camiño Francés, unha delas sitúase no lugar de Hospital de Órbigo,  na provincia de León: A lenda do paso Honroso. Actualmente celébrase nesa localidade unha festa histórica baseada na lenda.


Trátese dun cabaleiro que retaba a todos os cabaleiros que pasaran polo lugar, coa intención de vencelos a todos para logo seguir o camiño cara Compostela, e todo iso co pensamento posto nunha dama. Conta a lenda que isto ocurriu no ano Xacobeo de 1434.  Lede aquí a lenda.


 Moito tempo despois, cando Cervantes escribiu o Quixote, adicoulle unha aventura do seu protagonista, na que pretendía enfrentarse ao cabaleiro desta lenda. Xa sabedes a teima de don Quixote polas historias de cabaleiros, tanto que coa súa poderosa imaxinación ata é quen de trasladarse no tempo...


luns, 15 de febreiro de 2016

TEATRO: CAMIÑO MISTERIOSO

Esta é a obra de teatro pensada e deseñada por nós, e representada na Casa da Cultura de Leirado no pasado mes de decembro. O tema xira arredor do Camiño de Santiago, sobre o que andamos a investigar:

xoves, 10 de decembro de 2015

O MEU PESADELO FAVORITO

Unha lectura fóra do común, un paseo polos soños dun rapaz con febre, que nos pareceu moi diferente e extraordinariamente imaxinativo. Algúns de nós gústannos máis as historias reais, a outros fíxéronnos rir as historias disparatadas que suceden nestes soños, pero entre todos fomos capaces de ver algunhas mensaxes que se agochaban detrás deles. Hacia o final do libro houbo algún momento emotivo que invitaba a reflexionar.
Elaboramos unhas preguntas que enviamos a autora e que moi amablemente respondeu. Esta é a entrevista:


mércores, 17 de xuño de 2015

¿QUIÉN CUENTA LAS ESTRELLAS?

Os compoñentes do club de lectura de 6º xuntáronse na biblioteca para falar da súa última lectura deste curso: "Quién cuenta las estrellas" de Lois Lowry.


Unha historia que transcorre en Dinamarca, na época da 2º Guerra Mundial, que a través de dúas nenas de dez anos nos achega a feitos históricos inesquecibles e conmovedores.
De novo sae o tema da solidariedade, do valor da amizade e da unión para acadar obxectivos comúns e superar adversidades.


Guillermo quixo ler en voz alta as palabras do autor no último parágrafo do libro:


" Sin duda, todos los paises aún anhelan ese ideal, el ideal de un mundo digno del ser humano. Espero que esta historia de Dinamarca y de sus gentes nos recuerde a todos que dicho mundo es posible."
 
Temos que agradecer o préstamo deste lote de libros á Biblioteca do CEIP A Nosa Señora dos Remedios.

luns, 15 de xuño de 2015

UNHA XANELA PARA CECILIA

Reunión do club de lectura de 5º para falar de "Unha xanela para Cecilia", de An Alfaya. Comentamos:
Pareceunos moi orixinal a temática, o que pode significar unha ventá para relacionarnos co mundo. 
Olga era fotógrafa, a fotografía é tamén unha forma de mostrar o que nos rodea. 
Foi unha bonita amizade a de Cecilia e Olga, que demostra como as persoas nos podemos axudar entre nós.
Nunca nos fixáramos que puidera haber tantos tipos de ventás.


Despedímonos falando das posibles lecturas do próximo curso...

xoves, 11 de decembro de 2014

AMEAZA NA ANTÁRTIDA, ENTREVISTA AO AUTOR

Hoxe reunímonos na Biblioteca os membros do club de Lectura de 6º para falar sobre "Ameaza na Antártida" de Ramón Caride, e preparar a nosa entrevista ao autor, que nos respondeu por correo electrónico, no mesmo día!
Primeiro fomos dicindo os ingredientes deste libro que nos resultaron atractivos e nos engaiolaron na lectura:
FUTURISMO, CIENCIA E TECNOLOXÍA, VIAXES, MISTERIO...


Despois plantexamos as preguntas ao autor e escribímolas para enviarllas: 

E aquí temos xa a resposta, moitísimas grazas:

                 

xoves, 29 de maio de 2014

UN CESTO LLENO DE PALABRAS

 Reunímonos de novo, esta vez para falar de "Un cesto lleno de palabras", de Juan Farias, libro no que unhas palabras collidas ao chou fan que o protagonista imaxine escenas e historias a partir delas. Un libro sinxelo, que foi  fácil de ler, pero que agora nos pode introducir nunha técnica para contar historias. Probamos e sairon moitas cousas... pena que o recreo dura pouco.


" Unha pedra tirada nun estanque suscita ondas concéntricas que se extenden sobre a superficie, involucrando no seu movemento ao nenúfar e ao xunco, ao barquiño de papel e á balsa do pescador (...) unha palabra lanzada á mente por azar provoca unha serie de reaccións, atraendo na súa caida sons e imaxes, analoxías e lembranzas, significados e soños (...)"
 Gianni Rodari ( Gramática da fantasía)
Seguiremos probando...

luns, 7 de abril de 2014

CLUB DE LECTURA CON NATA Y CHOCOLATE

"Nata y chocolate" titúlase o libro que leron  no mes de marzo os compoñentes do Club de Lectura, e tamén de nata e chocolate eran as galletas que esperaban na biblioteca.


Neste libro, de Alicia Borrás Sanjurjo, ilustrado por Anuska Kapelluz, atopámonos cunha situación de acoso e burlas sufrido por unha nena só polo feito de ser diferente á maioría. Amosámonos moi sensiblizados ao respecto, falamos de empatía e tolerancia, tamén de solidariedade para manifestarnos en contra de situacións inxustas e non calalas... e por último tamén de asertividade, ou como ser capaz de dicir "non" a algo que non nos gusta.




Grazas a Bibliobrey que nos emprestou este lote de libros. 

Como influiu en nós a lectura deste libro? 
Enriqueceunos nalgún aspecto? 
Hai un antes e un despois desta lectura?

mércores, 29 de xaneiro de 2014

HÉRCULES E MÁQUINA DO TEMPO

Este é o libro que rematamos de ler: "Hércules e máquina do tempo"

Baseado no mito de Hércules, é o comezo dunha colección que nos achegará a personaxes de distintas épocas.

Se che interesa completar información sobre este personaxe mitolóxico atopamos na rede esta presentación onde ademais podemos ver diversas manifestacións artísticas relacionadas con el: pinturas, esculturas, mosaicos...


                        
                        
Nesta animación ilústranse os doce traballos de Hércules:


Xa sabes o que é un mito???
Sabes onde está o monte Olimpo??
Que lenda  relacionada con Hércules ten lugar en Galicia?

venres, 8 de marzo de 2013

MIL COUSAS PODEN PASAR

Entre as cousas que poden pasar está a visita de Jacobo Fernández Serrano, autor e ilustrador do libro que lemos en 6º, que parece que se fará  realidade en breve. 


Preparamos esta visita buscando os seus libros na Biblio e informándonos sobre el:



E escoitemos ao autor falando do seu libro no momento en que recolleu o Premio Merlín, no ano 2009: