Reunímonos de novo, esta vez para falar de "Un cesto lleno de palabras", de Juan Farias, libro no que unhas palabras collidas ao chou fan que o protagonista imaxine escenas e historias a partir delas. Un libro sinxelo, que foi fácil de ler, pero que agora nos pode introducir nunha técnica para contar historias. Probamos e sairon moitas cousas... pena que o recreo dura pouco.
" Unha pedra tirada nun estanque suscita ondas concéntricas que se extenden sobre a superficie, involucrando no seu movemento ao nenúfar e ao xunco, ao barquiño de papel e á balsa do pescador (...) unha palabra lanzada á mente por azar provoca unha serie de reaccións, atraendo na súa caida sons e imaxes, analoxías e lembranzas, significados e soños (...)"
Gianni Rodari ( Gramática da fantasía)
Seguiremos probando...
A min o vento recórdame a este temporal que houbo en navidades... Recordame a esas noites frías nas que escoitábase o vento fora...
ResponderEliminarO atardecer recórdame a algo bonito. Venme unha imaxe do sol posandose sobre as montañas...
Suave... suave recórdame... A acariciar as miñas cadelas, a abrazalas... cando penso en algo suave penso en... pracer ao tocar algo suave...
Cálido... a min algo cálido recórdame a un abrazo... cando abrazo a os animais... ou a amigos e familiares.
Choiva... a choiva recórdame a un domingo, na cama, con palomitas vendo a televisión... mentras fora as gotas caen unha a unha no chan....
Tormenta recórdame a... medo, simplemente medo.
Fuego... tristeza... recórdame a bosques ardendo... tráeme un recordo de moita tristeza.
Murmullo... Amor... Por que? Pois a verdade non estou moi segura... recordame a un chico murmurandolle a unha chica: Querote!
Sueño... Depende... se é soño de querer durmir recordame a ter que madrugar para ir ao colexio e se é soño de pensamento que tes pola noite recordame a... non sei... algo divertido porque sinteste como se estiveras vivindo o que soñas inda que en realidade non o vives...
Aroma... á primaveira... co as flores...
Silencio... Soledad...
Volar... recórdame a soñar... no que podes volar polo ceo todo o día...
Pereza... cansancio... días nos que só queres quedarte na cama e non queres nada mais...
A choiva a min recordame a unha tarde no sillón tumbada con palomitas,mirando como chove.
ResponderEliminarO soño a min recordame a estar durmindo e ter que levantarme,madrugar..
Volar.. a min recordame estar soñando e soñar que volo,e aveces soñar e cando caes dar un patada na cama ...
Non comento todas si non , non acabo mais,gustoume moito esta experiencia de dicir o que che recorda cada palabra,repetiria.
Marta 6º