Hoxe reunímonos para falar de "Maíto Panduro", de Gonzalo Moure, rematando as lecturas do Club por este curso.
Empezou Dani F. dicindo que sentira tristeza, pola situación do protagonista. Falamos do que é a empatía, cualidade que caracteríza ás persoas que son quen de poñerse na pel doutra, imprescindible para unha convivencia saudable.
Samuel falou sobre a xeneralización que sempre se fai sobre como son os xitanos, que lle parece inadecuada, o que nos levou a outra reflexión interesante. Como case sempre os libros axúdannos a ser mellores persoas.
Un momento emotivo: cando o pai aprende a ler, comenta Mara; ou como eran capaces de entenderse con debuxos, di Mario.
Terá Maíto Panduro un recunchiño no noso corazón?
Ningún comentario:
Publicar un comentario