Hoxe un recreo diferente, reunión do Club para falar sobre a última lectura: A canción de Amina, de Sigrid Heuck. Opinión moi favorable: un libro entretido, que se leu moi rápido, un tema interesante, acaba ben...
A conversa levounos ata a situación de desigualdade da muller noutras culturas, e tamén da nosa historia xurdiron cousas que nos contaron as nosas avoas e nais.
E unha mensaxe que os lectores e lectoras souberon ver moi ben: sempre temos que loitar polos nosos soños, e polos nosos dereitos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario