luns, 21 de abril de 2014

CARTAS DENDE USA

Continuamos a utilizar o Correo Postal para comunicarnos con persoas que están lonxe, concretamente a clase de 5º ven de recibir cartas de Estados Unidos, en resposta ás que enviaron. Nós practicamos inglés e eles español, ademais de coñecernos axudámonos a aprender, xenial!





luns, 7 de abril de 2014

CLUB DE LECTURA CON NATA Y CHOCOLATE

"Nata y chocolate" titúlase o libro que leron  no mes de marzo os compoñentes do Club de Lectura, e tamén de nata e chocolate eran as galletas que esperaban na biblioteca.


Neste libro, de Alicia Borrás Sanjurjo, ilustrado por Anuska Kapelluz, atopámonos cunha situación de acoso e burlas sufrido por unha nena só polo feito de ser diferente á maioría. Amosámonos moi sensiblizados ao respecto, falamos de empatía e tolerancia, tamén de solidariedade para manifestarnos en contra de situacións inxustas e non calalas... e por último tamén de asertividade, ou como ser capaz de dicir "non" a algo que non nos gusta.




Grazas a Bibliobrey que nos emprestou este lote de libros. 

Como influiu en nós a lectura deste libro? 
Enriqueceunos nalgún aspecto? 
Hai un antes e un despois desta lectura?