luns, 19 de decembro de 2016

XOELIKI, AVENTURAS DUN CIBERPIRATA

 
As lectoras e lectores do club de 5º remataron a lectura de Xoeliki, aventuras dun ciberpirata. Reunidos arredor dos flocos de millo falaron e falaron sobre esta lectura que, segundo din, gustoulles moito. Comentan que coñeceron palabras complexas, relacionadas coa tecnoloxía, e que tamén hai malvados no mundo virtual ( ainda que non faltan os heroes coma Xoeliki).



domingo, 11 de decembro de 2016

A ANTÁRTIDA, O CONTINENTE XEADO

Os compoñentes do club de lectura de 6º lemos "Ameaza na Antártida", de Ramón Caride, un libro que nos leva ao futuro, onde o malvado Koprissos quere destruir o planeta poñendo unha bomba na Antártida.
Joel e Yésica dixeron que é un libro dos que te mantén intrigado e non podes parar de ler.

Falando do porqué da elección da Antártida parámonos na importancia deste continente xeado para a estabilidade de todo o planeta. A que nunca pensaramos niso? É que o polo sur queda tan lonxe...!


Comezamos a ver un vídeo, pero acabóusenos o tempo, así que queda aquí este outro documental, atención ás explicacións do pingüín, que nos aportarán información moi interesante.