No club de lectura de 6º rematamos este libro, no que os protagonistas do anterior Nata y Chocolate, enfróntanse a outro problema: o maltrato no fogar e a violencia de xénero.
A temática provocou moita conversa por ser, lamentablemente, unha problemática de actualidade.
Pero tamén xurdiu outro tema de interese: a interpretación das noticias, do que nos contan outras persoas, de contrastar a veracidade e non propagar sen asegurarse antes... unha reunión de moito proveito!