luns, 9 de decembro de 2019

DESEÑANDO EN 3D

Nas clases de plástica, despois de aprender sobre o volume e a súa representación, introducímonos no deseño dixital, en tinkercad. Pensamos facer un identificador para os maletíns dos portátiles imprimindo o noso deseño na impresora 3d  da escola.









martes, 29 de outubro de 2019

DEBUXO DIXITAL

Estreámonos co programa TuxPaint para facer unha ilustración no ordenador. Aprendemos rápido e fixemos uns debuxos moi creativos, que forman parte dunhas historias que moi pronto publicaremos. De momento AQUÍ as nosas obras de arte.







xoves, 17 de outubro de 2019

NOVO CURSO, NOVO CLUB DE LECTURA

Para comezar arrancaremos con "Luces en el canal" de David Fernández Sifres, en 5º. 



E co grupo de  6º "La lección de August", préstamo da Bibliobrey

xoves, 26 de setembro de 2019

TEMOS NOVIDADES

Este curso empezamos en 5º dun xeito diferente, pois chegaron uns ordenadores noviños para o alumnado, un para cada un, e iso tennos moi ilusionados e con moitas ganas de aprender. O noso cole empeza así a formar parte do proxecto EDIXGAL da Consellería de Educación.


Temos na aula virtual moita información e actividades variadas de todas materias, pero ademais podemos buscar o que precisemos na rede, aprendendo as normas básicas de uso do que atopemos.


E tamén elaborar os nosos propios contidos dixitais!
Xa comezamos a fedellar co procesador de textos.


Mirade que concentrados:




venres, 14 de xuño de 2019

LECTURAS MATEMÁTICAS

Hoxe despedimos os clubs de lectura, reuníndonos os dous grupos na Biblioteca. Falamos un pouco de todo, dos libros, do que pensamos, do que queremos...


E queremos máis lecturas matemáticas seica, que comezamos a ler e nos deixaron ganas de máis a algúns e algunhas.
Como o prometido é débeda, aquí volas deixamos:
Trátase dos textos de Clara Grima, ilustrados por Raquel García, que baixo o título "Mati y sus Mateaventuras" están publicados AQUÍ. 
Os personaxes son Mati, dous nenos moi curiosos que se chaman Sal e Ven, e un can moi listo que se chama Gauss.


Mati ten explicacións para moitas cousas que pasan ao noso arredor.
Que vos presten, lector@s!!


xoves, 6 de xuño de 2019

LENDO HISTORIAS: A NENA E A MONECA

Un xoguete proporciona horas de diversión e momentos inesquecibles. Pero tamén nos achega ao mundo da imaxinación, dos soños, dos sentimentos e das emocións. E, ás veces, un humilde xoguete convértese no talismán que nos protexe de tódolos males e nos proporciona o valor suficiente para superar os atrancos da infancia.
Carmen, Cristina e Lucía, de 5º, len para nós "A nena e a moneca", un fermoso e pouco coñecido relato de Xosé Filgueira Valverde.
A protagonista da historia lembra un dramático acontecemento da súa infancia no que unha simple boneca de cartón é testemuña do paso da vida á morte, do paso da idade da inocencia á madurez. 




Se che gustou, aquí tes o texto para ler. (Aumenta o tamaño da imaxe clicando enriba)



https://books.google.es/books?id=gnevrhbq0bkC&pg=PA42&lpg=PA42&dq=a+nena+e+a+moneca&source=bl&ots=TMae5IV4EL&sig=ACfU3U2dUAWJSaV4xU10ZueNH_bh3AgeWw&hl=gl&sa=X&ved=2ahUKEwjwtNm6stXiAhXD1eAKHWt8AsYQ6AEwB3oECAgQAQ#v=onepage&q=a%20nena%20e%20a%20moneca&f=false

luns, 4 de febreiro de 2019

LENDO HISTORIAS: UNHA CINTA AZUL DE DOUS PALMOS E PICO

Fins, Gael, Manuel e Martín póñenlle voz a esta fermosa historia escrita por Juán Farias.
Dous nenos e unha cinta que se converte nun xoguete marabilloso. Un canto á imaxinación,  ao anticonsumismo, á tenrura, á ledicia, ao goce do momento.......
 E, por suposto, ¡para escoitala  hai picar enriba da cinta!



https://xogamosmellorxuntos.blogspot.com/2019/02/unha-cinta-azul-de-dous-palmos-e-pico.html

mércores, 30 de xaneiro de 2019

NOTICIAS DO CAMBIO CLIMÁTICO

DECÁLOGO PARA XOGAR EN PAZ

A tarefa programada para celebrar o día pola Paz e a non Violencia consiste en que cada clase elabore un decálogo de boas prácticas durante o xogo.
Despois de reflexionar, debater, resumir, unificar as diferentes propostas , finalmente conseguimos chegar a acordo e rematar os nosos. Este foi o resultado.


martes, 15 de xaneiro de 2019

CANTAR PARA XOGAR

Vídeo musical para animarnos a recuperar xogos tradicionais e gozar con eles.


ÚLTIMAS NOTICIAS NA INVESTIGACIÓN ESPACIAL

Para estar ao día nos últimos avances da investigación aeroespacial, pica enriba da imaxe; accederás a contidos en español da páxina da NASA.
https://www.lanasa.net/

luns, 14 de xaneiro de 2019

A ESTACIÓN ESPACIAL INTERNACIONAL

Premendo nesta imaxe poderás ver videos para coñecer a Estación Espacial Internacional.

http://documentateprimaria.blogspot.com.es/2014/09/a-estacion-espacial-internacional.html

O N0SO PLANETA ESTÁ EN PERIGO

¿Que pasaría se todo o xeo dos polos se derretese?
Esta pregunta non é unha parvada porque o quecemento da terra pode ter graves consecuencias. Nesta animación podemos ver como vai subindo o nivel do mar e moitas zonas e cidades quedan mergulladas baixo a auga.



Neste enlace pódese acceder a información sobre as agresións que está a sufrir o Polo Norte e asinar unha solicitude para declarar esta zona Santuario Global.

LEMBRA QUE TI ES MENOR E NON PODES ASINAR NINGÚN DOCUMENTO NIN TER CONTA DE CORREO ELECTRÓNICO. PERO PODES ACHEGAR ESTA INFORMACIÓN AOS TEUS PAIS, IRMÁNS, FAMILIA.......


http://www.greenpeace.org/espana/es/Trabajamos-en/Frenar-el-cambio-climatico/Salva-el-Artico/