xoves, 27 de febreiro de 2020

AUGA, POESÍA E RAP

Estas son as creacións audiovisuais que fixemos, con poemas, fotografías e fondos musicais de rap. En 5º traballamos en equipo co editor de vídeo dos nosos ordenadores Edixgal, na clase de 6º optamos por utilizar unha aplicación na tablet. 












xoves, 20 de febreiro de 2020

OS NOSOS DESEÑOS

A impresora 3D xa fixo o seu traballo: imprimiu os nosos deseños individuais para os maletíns dos portátiles. Así de ben nos quedaron:






mércores, 12 de febreiro de 2020

DESDE UNHA ESTRELA DISTANTE

Novo libro do club de sexto: "Dende unha estrela distante", de Agustín Fernández Paz.


 Gael dí que lle gustou porque tiña emocións fortes e amor; tamén porque é moi fantástico e orixinal por ter un personaxe extraterrestre, din Raúl e Carlos... 


 Fins quedou cunha dúbida ao final...que sería do ratiño?


 Algo que  chamou a nosa atención: o acoso a Daniela cando chegou á nova escola.


xoves, 30 de xaneiro de 2020

CLUB DE LECTURA DE 5º

Iniciamos o novo ano pisando forte, e reunímonos para falar do último libro "A señorita Buble" da escritora Ledicia Costas.
Nahir prestouse para facernos unha pequena presentación da escritora galega.

 
                           
Pareceunos que este libro destaca a importancia que ten a familia para todos e enlazaba co anterior,"Luces en el canal", na falta de tolerancia da sociedade.



venres, 17 de xaneiro de 2020

CLUB DE LECTURA 6º

En 6º lemos "La lección de August" no primeiro trimestre,  logo a ratiños fomos vendo a película (Wonder)





No Nadal seguimos lendo e agora que vimos de rematar "Ameaza na Antártida" de Ramón Caride, tamén nos reunimos para comentalo. 
Ai que importantes son os casquetes polares, ainda que nos queden tan lonxe!


CLUB DE LECTURA DE 5º

http://www.davidfernandezsifres.com/
Para estrear a nova Biblioteca, inauguramos o Club de Lectura de 5º coa lectura do libro "Luces en el canal" de David Fernández Sifres.

Lémolo con moito interés, pois foi un libro que emocionou dende o primeiro momento.


Con el e con Frits viaxamos polos canais de Amsterdam e disfrutamos do nacemento dunha amizade.

Cando xa o estabamos rematando, recibimos un convite dun dos personaxes, o señor Dussel.


E reunímonos para conversar sobre o libro. 
Acompañamos a reunión cos Appelflap, pasteis de mazá típicos de Holanda, o que nos axudou a viaxar até os canais que protagonizan a historia.



Así nolo recomenda Bruno: