mércores, 15 de xuño de 2022

CLUBS DE LECTURA DE 5º E 6º

 Última reunión do curso, 5º  co libro de "Nata y chocolate" de Alicia Borrás Sanjurjo e 6º, con "A folla azul" de Andrea Maceiras.

O primeiro, obriga a que todo o alumnado empatice coa protagonista; mentres que o de "A folla azul" fainos un acercamento ao mundo da ecoloxía e a protección da natureza.



 

mércores, 11 de maio de 2022

OBRADOIROS DE CREATIVA

Os alumnos de 5º e 6º gozaron dunha xornada con obradoiros de Biblioteca Creativa que foron compartidos coas familias que quixeron participar.

O obradoiro  foi o de E-Textiles e novas tecnoloxías, impartido por Paola Guimeráns.





sábado, 30 de abril de 2022

REUNIÓN DOS CLUBS DE LECTURA DE 5º E 6º

 O alumnado de 6º participou con "Nata y chocolate" de Alicia Borrás Sanjurjo co que empatizaron enormemente.

Por parte de 5º foi "O meu pesadelo favorito" de María Solar e co que fixeron unha viaxe polo mundo dos soños.

Houbo debate e confrontación de ideas co que disfrutamos todos.




martes, 26 de abril de 2022

CONTOS E LENDAS DE SEMPRE

Co motivo do día do libro os axudantes de 5º e 6º prepararon unha serie de lendas e contos de Galiza e Portugal para todos nós. A idea era que despois de disfrutar coas lendas do mundo (dentro do proxecto "A volta ao mundo en 160 días"), chegado o momento da volta á casa, fixéramos o mesmo coas nosa.

sábado, 5 de febreiro de 2022

REUNIÓN CLUBS DE LECTURA DE 5º E 6º

Primeira reunión do club de lectura para conversar sobre a nosa lectura .

O alumnado de 6ª co seu libro 
"¿Quién quieres ser" de Carlos Frabetti.

 E os nenos e nenas de 5º,  que estaban ansiosos por

estrenarse no seu club, co libro "Luces en el canal" de  Martín Sifres.


O resultado foi fabuloso: disfrutaron, conversaron e expresaron as súas opinións sobre a lectura; e como non, fóronse cun novo exemplar para descubrir.