mércores, 12 de febreiro de 2014

Cartas entre coles

          Neste trimestre traballamos a carta. Xa escribimos unha para o día da paz e como nos gustou moito queremos seguir escribindo, pero esta vez a uns nenos e nenas que están un pouco lonxe de nós.  O alumnado de 6º  inicia  intercambio de correpondencia con  CEIP Virxe do Camiño, Rubiás (Ourense). Agardamos recibir as súas cartas.







Ver CEIPdeLeiradoaCEIPVirxedoCamiño en un mapa más grande

mércores, 29 de xaneiro de 2014

DÍA DA PAZ

Aquí tedes a canción desta semana en versión karaoke 
Que todos os días sexan pacíficos e sobre todo que non deixemos de intentalo!

                   

O Día Escolar pola Non Violencia e a Paz celébrase dende 1964, elixindose o 30 de xaneiro por ser o aniversario do falecemento de Mahatma Gandhi:

                           

A pesares de que Gandhi foi un exemplo de pacifismo e Non violencia, nunca recibiu o Premio Nobel da Paz. 
Pero... que é o Premio Nobel da Paz? Sobre isto investigamos e traballamos na clase de 6º amosando o noso traballo a todo o cole:


HÉRCULES E MÁQUINA DO TEMPO

Este é o libro que rematamos de ler: "Hércules e máquina do tempo"

Baseado no mito de Hércules, é o comezo dunha colección que nos achegará a personaxes de distintas épocas.

Se che interesa completar información sobre este personaxe mitolóxico atopamos na rede esta presentación onde ademais podemos ver diversas manifestacións artísticas relacionadas con el: pinturas, esculturas, mosaicos...


                        
                        
Nesta animación ilústranse os doce traballos de Hércules:


Xa sabes o que é un mito???
Sabes onde está o monte Olimpo??
Que lenda  relacionada con Hércules ten lugar en Galicia?

venres, 20 de decembro de 2013

Autorretratos

Neste trimestre, en Ed. plástica traballamos o noso autorretrato, dentro do proxecto: "Vivir Xuntos".
Para elaborar os nosos cadros utilizamos diversas técnicas plásticas… pero como calquera artista, non podemos dicir cales foron xa que as tedes que adiviñar vós.
Quedamos moi ben non?

                            

Dentro do mesmo proxecto, elaboramos a nosa autobiografía. Primeiro recollimos a información e logo a traballar!



mércores, 16 de outubro de 2013

ALIMENTÁMONOS BEN: APRENDER A COMER É DOADO

Aprender a comer é doado! Sabíades que facer exercicio físico e ter unha alimentación adecuada prevén moitas enfermidades?



 

xoves, 27 de xuño de 2013

FROITA-FRUTA-FRUIT

Neste curso, igual que no anterior, o noso cole participou no Plan de Consumo de froita fresca, polo que decidimos facer un estudo plurilingüe sobre os beneficios que ten incluir froitas e verduras na nosa dieta, centrándonos nas froitas que consumimos durante os recreos.

xoves, 20 de xuño de 2013

martes, 16 de abril de 2013

Calculando, calculando

Non te esquezas destas estratexias de cálculo mental:



Pareados das táboas de multiplicar

Os alumnos de 5º curso dentro do Programa da mellora da lectura, escritura e cálculo fixemos un libro aproveitando que estamos traballando a poesía. Esperamos que vos guste.

venres, 22 de marzo de 2013

Día da Árbore

O 21 de marzo celébrase o día da árbore. Por ese motivo estivemos trouxemos diferentes follas das árbores que temos preto dos nosos fogares e... Creamos unha nova especie: A MESTUREIRA. Este é o noso traballo