xoves, 11 de decembro de 2014

AMEAZA NA ANTÁRTIDA, ENTREVISTA AO AUTOR

Hoxe reunímonos na Biblioteca os membros do club de Lectura de 6º para falar sobre "Ameaza na Antártida" de Ramón Caride, e preparar a nosa entrevista ao autor, que nos respondeu por correo electrónico, no mesmo día!
Primeiro fomos dicindo os ingredientes deste libro que nos resultaron atractivos e nos engaiolaron na lectura:
FUTURISMO, CIENCIA E TECNOLOXÍA, VIAXES, MISTERIO...


Despois plantexamos as preguntas ao autor e escribímolas para enviarllas: 

E aquí temos xa a resposta, moitísimas grazas:

                 

venres, 24 de outubro de 2014

REPRESENTANDO O SISTEMA SOLAR



Este é o traballo no que andivemos ocupados na clase de 5º ultimamente. Aprendemos moitas cousas sobre o noso Sistema Solar e puxémos en marcha as nosas dotes artísticas para representalo como se ve nas imaxes.

luns, 2 de xuño de 2014

OS NOVOS AMIGOS/AS

   
       Este ano coñecemos por carta a novos amigos que están no Ceip. Virxe do Camiño, na provincia de Ourense.
        Aquí deixamos para que podades escoitar un resumo de como son eles e elas.




xoves, 29 de maio de 2014

UN CESTO LLENO DE PALABRAS

 Reunímonos de novo, esta vez para falar de "Un cesto lleno de palabras", de Juan Farias, libro no que unhas palabras collidas ao chou fan que o protagonista imaxine escenas e historias a partir delas. Un libro sinxelo, que foi  fácil de ler, pero que agora nos pode introducir nunha técnica para contar historias. Probamos e sairon moitas cousas... pena que o recreo dura pouco.


" Unha pedra tirada nun estanque suscita ondas concéntricas que se extenden sobre a superficie, involucrando no seu movemento ao nenúfar e ao xunco, ao barquiño de papel e á balsa do pescador (...) unha palabra lanzada á mente por azar provoca unha serie de reaccións, atraendo na súa caida sons e imaxes, analoxías e lembranzas, significados e soños (...)"
 Gianni Rodari ( Gramática da fantasía)
Seguiremos probando...

luns, 21 de abril de 2014

CARTAS DENDE USA

Continuamos a utilizar o Correo Postal para comunicarnos con persoas que están lonxe, concretamente a clase de 5º ven de recibir cartas de Estados Unidos, en resposta ás que enviaron. Nós practicamos inglés e eles español, ademais de coñecernos axudámonos a aprender, xenial!





luns, 7 de abril de 2014

CLUB DE LECTURA CON NATA Y CHOCOLATE

"Nata y chocolate" titúlase o libro que leron  no mes de marzo os compoñentes do Club de Lectura, e tamén de nata e chocolate eran as galletas que esperaban na biblioteca.


Neste libro, de Alicia Borrás Sanjurjo, ilustrado por Anuska Kapelluz, atopámonos cunha situación de acoso e burlas sufrido por unha nena só polo feito de ser diferente á maioría. Amosámonos moi sensiblizados ao respecto, falamos de empatía e tolerancia, tamén de solidariedade para manifestarnos en contra de situacións inxustas e non calalas... e por último tamén de asertividade, ou como ser capaz de dicir "non" a algo que non nos gusta.




Grazas a Bibliobrey que nos emprestou este lote de libros. 

Como influiu en nós a lectura deste libro? 
Enriqueceunos nalgún aspecto? 
Hai un antes e un despois desta lectura?

martes, 18 de marzo de 2014

CORREO ELECTRÓNICO

Para elaborar os nosos disfraces de Entroido precisabamos información sobre a uniformidade e o traballo da Policía Local posto que ese era o disfraz elixido por nós para o terceiro ciclo. Necesitabamos información e aprender a redactar correos electrónicos formais para poñernos en contacto co Consistorio e así o fixemos. Deste xeito, solicitamos ao Concello información sobre o traballo e uniformidade da Policía Local, concedéndonos amablemente unha visita da mesma ao centro. A visita foi interesantísima e aprendimos un montón de cousas.

Graciñas pola vosa colaboración!!!





luns, 17 de marzo de 2014

Máis cartas

Seguimos e seguimos escribindo. As alumnas e alumnos de 5º curso escribimos (en inglés) cartas ao alumnado do Richardson High School en Richardson, Texas. Agora agardamos impacientes a súa resposta. A ver que nos contan!









Ver mapa más grande

 

mércores, 12 de febreiro de 2014

Cartas entre coles

          Neste trimestre traballamos a carta. Xa escribimos unha para o día da paz e como nos gustou moito queremos seguir escribindo, pero esta vez a uns nenos e nenas que están un pouco lonxe de nós.  O alumnado de 6º  inicia  intercambio de correpondencia con  CEIP Virxe do Camiño, Rubiás (Ourense). Agardamos recibir as súas cartas.







Ver CEIPdeLeiradoaCEIPVirxedoCamiño en un mapa más grande

mércores, 29 de xaneiro de 2014

DÍA DA PAZ

Aquí tedes a canción desta semana en versión karaoke 
Que todos os días sexan pacíficos e sobre todo que non deixemos de intentalo!

                   

O Día Escolar pola Non Violencia e a Paz celébrase dende 1964, elixindose o 30 de xaneiro por ser o aniversario do falecemento de Mahatma Gandhi:

                           

A pesares de que Gandhi foi un exemplo de pacifismo e Non violencia, nunca recibiu o Premio Nobel da Paz. 
Pero... que é o Premio Nobel da Paz? Sobre isto investigamos e traballamos na clase de 6º amosando o noso traballo a todo o cole:


HÉRCULES E MÁQUINA DO TEMPO

Este é o libro que rematamos de ler: "Hércules e máquina do tempo"

Baseado no mito de Hércules, é o comezo dunha colección que nos achegará a personaxes de distintas épocas.

Se che interesa completar información sobre este personaxe mitolóxico atopamos na rede esta presentación onde ademais podemos ver diversas manifestacións artísticas relacionadas con el: pinturas, esculturas, mosaicos...


                        
                        
Nesta animación ilústranse os doce traballos de Hércules:


Xa sabes o que é un mito???
Sabes onde está o monte Olimpo??
Que lenda  relacionada con Hércules ten lugar en Galicia?