Hoxe no tempo de recreo reunímonos o Club de lectura de 6º para falar de "O aroma do liquidámbar", un libro de An Alfaya que rematamos de ler.
Coincidimos en que é un libro triste porque conta realidades tristes. Falamos de inmigración e emigración, dos sentimentos que se producen nas persoas que viven esas situacións.
Falamos de amizade e tamén de decepcións... e de que non nos gustaría que nos ocultasen cousas que pasan , por dolorosas que sexan (como lle ocorreu ao protagonista).
E, como non, falamos do liquidámbar e de como os aromas nos traen recordos de persoas e de lugares. Todos e todas temos experiencias dese tipo, non sí???
De novo temos que agradecer o préstamo deste lote de libros a Bibliobrey
Este libro encantoume pero e un pouco triste o do neno que ten a nai na carcel e non lle dicen nada ,pero bueno e un dos libros mais tristes que lein pero todos os libros non podenser de color de rosa .A min este libro recordame a mi abuelo que siempre tenia su rosa en su habitacion y cuando se secaba hiba al rosal a coger otra recomiendo este libro a otros lectores.
ResponderEliminarEncantoume o libro porque trata de problemas do noso tempo. Aínda que é un pouco triste ensina ós nenos as dificultades da vida e que hai que aprender a enfrontarse a elas. Gustoume que falara de aromas e que a autora, Al Alfaya, dedicara o libro.
ResponderEliminar