mércores, 26 de setembro de 2018
sábado, 25 de novembro de 2017
ACTIVISMO NO 25N
Os nenos e nenas de 6º manifestamos o noso rexeitamento á violencia e ao maltrato, defendemos o respecto e a empatía, por unha convivencia saudable.
venres, 9 de xuño de 2017
Os alimentos reguladores
As hortalizas e froitas son alimentos Reguladores.
A traves do consumo dos Alimentos Reguladores,o organismo logra obter aquelas vitaminas e minerais que favorecen o bo funcionamento do organismo do noso corpo.
A traves do consumo dos Alimentos Reguladores,o organismo logra obter aquelas vitaminas e minerais que favorecen o bo funcionamento do organismo do noso corpo.
As verduras e as froitas,tamen aportan auga e fibra para regular o funcionameto do corpo.
Segundo os beneficios dos alimentos ao organismo poden clasificarse en alimentos enerxèticos, alimentos constructores e alimentos reguladores.
Os alimentos enerxèticos proporcionan toda a enerxia que o corpo necesita.
En canto os alimentos constructores,se encargan de facilitar o crecemento e a xeneracion dos tecidos.
Os alimentos reguladores conteñen gran cantidade de auga e vitaminas que o corpo necesita para previr enfermidades.
As froitas ofrecen, ademais unha cantidade de azucre que necesitamos para o noso corpo.
Se debe comer hasta 4 pezas de froita o día unha delas ten que ter cítrico.
Nesta roda de alimentos podese ver o que deberiamos tomar na nosa dieta.
![]() |
www.infopedia.pt |
Sergio, Javi e Miguel Ángel
Etiquetas:
alimentación,
ciencia,
froita,
saúde
luns, 27 de marzo de 2017
¡NATA Y CHOCOLATE INVENCIBLES!
No club de lectura de 6º rematamos este libro, no que os protagonistas do anterior Nata y Chocolate, enfróntanse a outro problema: o maltrato no fogar e a violencia de xénero.
A temática provocou moita conversa por ser, lamentablemente, unha problemática de actualidade.
Pero tamén xurdiu outro tema de interese: a interpretación das noticias, do que nos contan outras persoas, de contrastar a veracidade e non propagar sen asegurarse antes... unha reunión de moito proveito!
Etiquetas:
Aula 6º,
Club de lectura
martes, 24 de xaneiro de 2017
LUCES EN EL CANAL
Un libro que nos engaiolou, unhas luces misteriosas, unha amizade, unha dura realidade e un pouco de fantasía. Todo isto na cidade de Amsterdam. O autor: David Fernández Sifres.
Mantivemos unha entretida conversa, da que deixamos aquí uns retallos. Encantounos!
Despois da estupenda opinión sobre este libro tamén quixo lelo o grupo de 5º!!
Aquí os tedes en animada reunión:
Etiquetas:
Aula 5º,
Club de lectura
luns, 19 de decembro de 2016
XOELIKI, AVENTURAS DUN CIBERPIRATA
As lectoras e lectores do club de 5º remataron a lectura de Xoeliki, aventuras dun ciberpirata. Reunidos arredor dos flocos de millo falaron e falaron sobre esta lectura que, segundo din, gustoulles moito. Comentan que coñeceron palabras complexas, relacionadas coa tecnoloxía, e que tamén hai malvados no mundo virtual ( ainda que non faltan os heroes coma Xoeliki).
Etiquetas:
Club de lectura
domingo, 11 de decembro de 2016
A ANTÁRTIDA, O CONTINENTE XEADO
Os compoñentes do club de lectura de 6º lemos "Ameaza na Antártida", de Ramón Caride, un libro que nos leva ao futuro, onde o malvado Koprissos quere destruir o planeta poñendo unha bomba na Antártida.
Joel e Yésica dixeron que é un libro dos que te mantén intrigado e non podes parar de ler.
Joel e Yésica dixeron que é un libro dos que te mantén intrigado e non podes parar de ler.
Falando do porqué da elección da Antártida parámonos na importancia deste continente xeado para a estabilidade de todo o planeta. A que nunca pensaramos niso? É que o polo sur queda tan lonxe...!
Comezamos a ver un vídeo, pero acabóusenos o tempo, así que queda aquí este outro documental, atención ás explicacións do pingüín, que nos aportarán información moi interesante.
Etiquetas:
auga,
ciencia,
Club de lectura,
medio ambiente
luns, 13 de xuño de 2016
Traballos de investigación en Ciencias Sociais
Estes son os traballos de investigación que fixemos no terceiro trimestre en ciencias Sociais.
Etiquetas:
Aula 6º,
Ciencias sociais,
traballos aula
mércores, 8 de xuño de 2016
MAITO PANDURO E O POBO XITANO

Empezou Dani F. dicindo que sentira tristeza, pola situación do protagonista. Falamos do que é a empatía, cualidade que caracteríza ás persoas que son quen de poñerse na pel doutra, imprescindible para unha convivencia saudable.
Samuel falou sobre a xeneralización que sempre se fai sobre como son os xitanos, que lle parece inadecuada, o que nos levou a outra reflexión interesante. Como case sempre os libros axúdannos a ser mellores persoas.
Un momento emotivo: cando o pai aprende a ler, comenta Mara; ou como eran capaces de entenderse con debuxos, di Mario.
Terá Maíto Panduro un recunchiño no noso corazón?
Etiquetas:
Club de lectura
luns, 11 de abril de 2016
O Camiño de Santiago e o Quixote.
Hai varias lendas ao longo do Camiño Francés, unha delas sitúase no lugar de Hospital de Órbigo, na provincia de León: A lenda do paso Honroso. Actualmente celébrase nesa localidade unha festa histórica baseada na lenda.
Trátese dun cabaleiro que retaba a todos os cabaleiros que pasaran polo lugar, coa intención de vencelos a todos para logo seguir o camiño cara Compostela, e todo iso co pensamento posto nunha dama. Conta a lenda que isto ocurriu no ano Xacobeo de 1434. Lede aquí a lenda.
Moito tempo despois, cando Cervantes escribiu o Quixote, adicoulle unha aventura do seu protagonista, na que pretendía enfrentarse ao cabaleiro desta lenda. Xa sabedes a teima de don Quixote polas historias de cabaleiros, tanto que coa súa poderosa imaxinación ata é quen de trasladarse no tempo...
Etiquetas:
Camiños a Santiago,
lecturas,
lendas
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)